11/18/2024 | News release | Distributed by Public on 11/19/2024 07:36
Accede á Declaración da FEGAMP polo Día Internacional da Infancia 20 de novembro 2024
Anima aos concellos galegos a avanzar na protección da infancia contra todo tipo de violencia asignando os recursos necesarios e adoptando modelos de traballo para a prevención da violencia contra a infancia a nivel local
Sa n tiago de Compostela, 18 de novembro de 2024.- A Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) na súa última Comisión Executiva celebrada recentemente aprobou una declaración institucional polo Día Internacional da Infancia 2024 que vai conmemorarse o vindeiro 20 de novembro, sumándose ao chamamento de UNICEF Galicia.
Na súa declaración a FEGAMP sinala que hoxe "nenas e adolescentes están a sufrir actos de violencia en todas as etapas da súa infancia e nos seus contornos máis cotiás , e moitas veces a mans de persoas de confianza ou que teñen o deber de educalos, adestralos, crialos e protexelos".
"O Consello de Europa estima que 1 de cada 5 nenos e nenas sufrirá abuso sexual antes de cumprir 18 anos. Do mesmo xeito, as estatísticas en España revelan que entre o 83% e o 91% dos nenos, nenas e adolescentes sofren actos de violencia en diversas etapas da súa infancia e en múltiples contornos", destaca a FEGAMP ao tempo que confirma "que 1 de cada 3 rapaces pode estar sendo vítima de acosos escolar" sendo "menos do 10% das situacións de violencia" denunciadas.
Tamén se destaca que, este ano, o Día Mundial da Infancia está "centrado en promover un compromiso de todos os actores, incluída a infancia, para que nenos, nenas e adolescentes vivan en contornos seguros e protectores libres de violencia". A este chamamento se suma a FEGAMP, xunto con UNICEF España e UNICEF Comité Galicia, xa que todos e todas "Somos Infancia".
Por iso, este Día da Infancia ten que servir "para reivindicar e focalizar as accións de protección fronte á violencia cara a prevención, chegando antes que o dano se produza, e involucrando como axentes activos na súa propia protección aos propios, nenos, nenas e adolescentes."
"Dende a FEGAMP non somos alleos a esta realidade" prosigue a declaración, xunto con un compromiso dende os concellos galegos na protección da infancia contra todo tipo de violencia, asignando os recursos necesarios, e adoptando modelos de traballo para a prevención da violencia contra a infancia a nivel local, como: